Saltar al contenido
Portada » Política de Calidade

Política de Calidade

COIDADOS, S.L é unha empresa que ten por obxecto prestar un servizo de axuda ás persoas con discapacidade e/ou
dependentes, que lle permitan unha calidade de vida digna, favorecendo o desenvolvemento persoal e a autonomía no
propio domicilio, orientando os nosos esforzos a alcanzar a satisfacción de cada un dos nosos clientes.
Para cumprir o anterior, en COIDADOS, S.L marcámonos as seguintes directrices e asumimos o compromiso das
mesmas:
– Implantar e manter o noso Sistema de Xestión de Calidade do Servizo de Axuda a Domicilio cumprindo os
requisitos dos estándares UNE-EN-ISO 9001:2015 e UNE 158301:2015, para obter o recoñecemento dos
nosos clientes e como unha garantía de mellora.
– En relación os nosos usuarios:
o Conseguir cambios condutuais na persoa tendentes a mellorar a súa calidade de vida.
o Facilitar á persoa usuaria a realización de tarefas e actividades que non pode realizar por si só.
o Fomentar o desenvolvemento dos seus hábitos saudables.
o Potenciar o desenvolvemento de actividades na propia casa e no entorno
o Aumentar a seguridade e a autoestima persoal.
o Potenciar as relacións sociais.
o Mellorar o equilibrio persoal do individuo, da súa familia e da súa contorna.
o Favorecer os sentimentos positivos ante a vida, desterrando actitudes pesimistas e
autocompasivas.

– Cumprir cos requisitos legais e regulamentarios vixente na actualidade no que á nosa actividade respecta,
así como as esixencias contractuais.
– Fortalecer e motivar a competencia e o rendemento de todo o persoal da nosa organización, xa que iso son
a garantía da calidade de COIDADOS, S.L
– Proporcionar os recursos necesarios, tanto humanos como materiais para asegurar todo o devandito
anteriormente e asegurarnos de alcanzar a excelencia do servizo e a satisfacción dos nosos clientes.
– Implantar unha política de servizo baseado na mellora continua, resolvendo problemas, analizando as causas
e pondo en marcha os mecanismos e as medidas adecuadas, e deste xeito, aumentar a satisfacción dos
nosos clientes.
– A mellora continua, base da nosa empresa, debe ser efectiva, real, medible, consecuente cos nosos
obxectivos do Sistema de Xestión, e debe permitir aumentar o rendemento e a eficacia xeral da empresa,
tendo en canto ás necesidades, desexos e expectativas dos clientes, así como á evolución dos mesmos.
Para iso revísanse periodicamente a estratexia da empresa e o cumprimento dos obxectivos.
– Promover un ambiente de compañerismo, colaboración e respeto, favorecendo o traballo en equipo no que a
totalidade dos traballadores aporten as súas suxestións.
– Fomentar o recoñecemento verbal ou escrito os profesionais, ante as boas practicas, resolución de
dificultades, propostas de mellora e comunicar todas as felicitacións por parte dos clientes.
En COIDADOS, S.L asegurámonos de que todo o persoal coñeza, comprenda e aplique na parte que lle afecta, esta
política de calidade, os obxectivos de calidade así como toda a documentación que compón este Sistema de Xestión
da Calidade. Do mesmo xeito, a Política de Calidade será revisada periodicamente e comunicada tanto interna como
externamente como garantía de éxito cos nosos clientes.
Así, como Xerente da empresa é responsabilidade miña a implantación destas directrices e o seu correcto
cumprimento

Xerencia
Xove, 08/08/2022